Inicio do curso 2021/2022 - Titulacións de Grao

Alumnado de Primeriro curso de Grao, matriculados por primeira vez na Facultade de Ciencias

Xornada de Acollida para o alumnado matriculado na nosa facultade por primeira vez nunha titulación de Grao terá lugar o vindeiro martes 7 de setembro ás 10:00 horas. As normas de acceso ao Centro e o cronograma estimado das sesións poden consultarse na seguinte ligazón: Xornada Acollida 2021/22 

 

Alumnado do resto dos cursos (2º  en diante)

As clases comezan o luns 6 de setembro, agás no caso de 2º de Bioloxía, que darán comezo o martes 7 de setembro, para poder configurar os grupos das quendas de mañá e tarde. Na Web da Facultade de Ciencias tedes á vosa disposición a normativa (ligazón) e o modelo de solicitude de quenda (ligazón) (data límite de solicitude: xoves 8 de setembro ás 14:00 / ver normativa).

Normas Xerais

E obrigatorio:

  • O uso de máscara en todas as instalacións do centro (e débese dispor de recambios).
  • Cinguirse a o aforo limitado de cada espazo. As posicións nas que os estudantes poden sentarse nas aulas, laboratorios e espazos comúns están sinaladas cunha pegatina de cor verde.

Neste sentido É MOI IMPORTANTE LER CON ATENCIÓN:

Posto que as aulas de docencia expositiva teñen aforo limitado, unha vez superado dito aforo, os estudantes poderán acudir as aulas “espello” reservadas para que poidan seguir as clases a través de Teams no propio centro. Estas aulas “espello” están detalladas entre parénteses nos cronograms de todos os cursos e para todos os grados que as requiren.

IMPORTANTE: as sesións por Teams soamente se realizarán no caso de que o aforo da aula principal se supere e, EN NINGÚN CASO, AS CLASES SERÁN GRAVADAS. Por este motivo é importante acudir ás clases con puntualidade.

Por este motivo, e esencial acudir á Facultade cun dispositivo (móbil, tableta, portátil) que permita seguir as clases a través de Teams dende o propio centro, e SEMPRE CON AURICULARES.

Tamén vos queremos informar de que desde hoxe só recibiredes información procedente desta facultade (administración, decanato, coordinadores de grao, curso ou materia, etc.) ao voso correo institucional con dominio @udc.esou @udc.gal. É moi importante que activedes a vosa conta canto antes.

Ligazóns de interese:

Web da Facultade de Cienciashttps://ciencias.udc.es/gl/

Cronogramas detallados de docencia do primeiro cuadrimestre e coordinadores de curso:

Grao en Bioloxía - https://ciencias.udc.es/gl/calendarios-e-horarios-bioloxia-curso-2021-2022

Grao en Química - https://ciencias.udc.es/gl/calendarios-e-horarios-quimica-curso-2021-2022

Programa de Simultaneidade do Grao en Bioloxía e o Grao en Química - https://ciencias.udc.es/gl/curso-2021-2022-sim

Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía - https://ciencias.udc.es/gl/calendarios-e-horarios-nanociencia-e-nanotecnoloxia-curso-2021-2022

Correo da Administración de Cienciasadministracion.ciencias@udc.es