Sistema de Garantía de Calidade
A Facultade de Ciencias elaborou un Sistema de Garantía de Calidade (SGC) co propósito de garantir a calidade das titulación impartidas no centro.
O SGC foi deseñado e implementado conforme ás directrices establecidas no Programa FIDES-AUDIT da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG):
- ACSUG Certificado Nº 06/09 (data de emisión: 27/07/2009: certificación de que o deseño do Sistema de Garantía Interna de Calidade aplicable a todas as ensinanzas oficiais impartidas na Facultade de Ciencias da UDC foi avaliado e obtivo informe positivo, conforme ás directrices establecidas na documentación vixente do Programa FIDES-AUDIT para o deseño e desenvolvemento de Sistemas de Garantía Interna de Calidade de formación universitaria.
- ACSUG Certificado Nº 03/15 (data de emisión: 23/07/2015, validez ata: 23/07/2021: certificación de que o Sistema de Garantía de Calidade da Facultade de Ciencias da UDC implementouse conforme ás directrices establecidas no Programa FIDES-AUDIT.
- ACSUG Certificado Nº 08/22 (data de emisión: 14/06/2022, validez ata: 14/06/2027): re-certificación de que o Sistema de Garantía de Calidade da Facultade de Ciencias da UDC implementouse conforme ás directrices establecidas no Programa FIDES-AUDIT.
Documentación do SGC
- Manual do SGC e procesos (versión actual, aprobada pola Xunta de Facultade, 09/05/2025)
- Informe renovación certificación de implantación SGC_2022
- Informe de certificación de implantación SGC_2015
- Informe de avaliación do deseño SGC_2009
- Anterior aplicación do SGC (manual e procedementos da versión anterior do SGC)

Galego
Español
English