Benvida CURSO 2023-2024
Prezados/as estudantes:
Dámosvos a benvida á Facultade de Ciencias. Este correo é para informarvos das normas de inicio do curso 2023-2024.
Estudantes matriculados por primeira vez na Facultade de Ciencias
(de 1º curso de grao, ou por traslado de expediente, ou mobilidade SICUE)
A Xornada de Acollida para o alumnado matriculado por primeira vez nunha titulación de Grao terá lugar o vindeiro luns 11 de setembro ás 10:00 na Facultade de Ciencias. As actividades e aulas poden ser consultadas na primeira páxina destas ligazóns:
Programa de Simultaneidade dos Graos en Bioloxía e Química
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
Estudantes do resto dos cursos DE GRAO (2º en diante).
As clases comezan o luns 11 de setembro.
Información sobre os grupos das quendas de mañá e tarde para
estudantes de primeiro e segundo do Grao en Bioloxía
Por necesidades de organización docente, o alumnado do Programa de Simultaneidade e o matriculado en materias en inglés será asignado á quenda da mañá para as clases de docencia expositiva e interactiva. O resto do estudantado de 1º e 2º do Grao en Bioloxía poderá ir na quenda da mañá ou da tarde en función da matrícula e das necesidades organizativas do centro. Información sobre esta asignación será facilitada a partires do xoves 7 de setembro.
Na Web da Facultade de Ciencias tedes á vosa disposición a normativa (ligazón) e o modelo de solicitude de quenda (ligazón)
Data límite de solicitude:
Estudantes de 1º de Bioloxía: martes 12 de setembro ás 14:00 h
Estudantes de 2º de Bioloxía: luns 4 de setembro ás 14:00 h
Información para estudantes de todos os cursos e titulacións
Tamén vos queremos informar de que desde hoxe só recibiredes información procedente desta facultade (administración, decanato, coordinadores de grao, curso ou materia, etc.) ao voso correo institucional con dominio @udc.es ou @udc.gal. É moi importante que activedes a vosa conta canto antes. https://servizos.udc.es/activacion
Ligazóns de interese:
Web da Facultade de Ciencias–https://ciencias.udc.es/gl/
Cronogramas detallados de docencia do primeiro cuadrimestre e coordinadores de curso (poderían ter lixeiras modificacións ao longo dos primeiros días do curso):
- Grao en Bioloxía
- Grao en Química
- Programa de Simultaneidade do Grao en Química e o Grao en Bioloxía
- Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
Correo da Administración de Ciencias (dispoñible dende o 15 de agosto)
administracion.ciencias@udc.es
Un cordial saúdo,
O decano, Andrés Martínez Lage