Skip to main content

Inicio campaña AVALIEMOS Curso 2025/2026 2 cuadrimestre

Ábrese o período de realización das enquisas AVALIEMOS correspondentes ás materias do segundo cuadrimestre e ás materias anuais do curso 2025/2026.
Como novidades neste cuadrimestre, as enquisas ábrense:
  1. Do 11 de maio ao 15 de xuño, antes do inicio dos exames oficiais, co obxectivo de dispoñer de máis tempo para a súa difusión entre o estudantado nestes últimos días de clase. O alumnado manterá igualmente acceso ás enquisas durante todo o período de exames e ata uns días despois da súa finalización, para que as poidan cubrir con máis tranquilidade.
  2. Do 22 de xuño ao 13 de xullo para as materias do 1º, 2º cuadrimestre e anuais co obxectivo de que o alumnado e o profesorado  que non as cubriran o poidan facer neste prazo.
Co obxectivo de continuar reforzando a participación do estudantado, agradeceriamos novamente a vosa colaboración na difusión da campaña a través das canles habituais do centro e na colocación dos materiais informativos en espazos visibles.
Os carteis impresos distribuídos no primeiro cuadrimestre continúan sendo válidos para esta campaña. No caso de que necesitedes máis copias en formato A3, podedes solicitalas respondendo a esta mensaxe.
Achegamos novamente as versións dixitais dos materiais da campaña:
Mantéñense tamén as medidas introducidas no primeiro cuadrimestre para continuar favorecendo a participación do estudantado: pregunta aberta nas enquisas, acceso mediante código QR, incentivos á participación e recoñecemento institucional aos centros e títulos con maior participación.
Ademais, e co propósito de reforzar a confianza e a visibilidade da campaña entre o estudantado, os sorteos dos incentivos previstos en AVALIEMOS 2025/26 realizaranse ao finalizar a convocatoria ordinaria do curso, sen agardar á campaña extraordinaria de xullo.
Por último, aproveitamos tamén para compartir a análise da participación correspondente ao primeiro cuadrimestre, publicada recentemente na web de AVALIEMOS:
Aínda que os resultados mostran unha evolución positiva da participación, continúa existindo unha marxe de mellora importante, polo que a implicación dos centros segue sendo fundamental para consolidar esta tendencia.
Moitas grazas, unha vez máis, pola vosa colaboración e implicación neste proceso.
Saúdos cordiais,
 
 
Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización
Universidade da Coruña