Skip to main content

Programa de bolsas de prácticas externas remuneradas curriculares ou extracurriculares Campus Rural (V edición)

Programa de bolsas de prácticas externas remuneradas curriculares ou extracurriculares Campus Rural (V edición)
 
Prácticas curriculares ou extracurriculares cunha duración de 3 meses nas que o/a estudante poderá elixir a súa data de inicio e fin (de acordo coa entidade colaboradora) nun período comprendido entre o 1 de xuño e o 14 de novembro de 2026.
A iniciativa é promovida polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITERD) coa colaboración da Universidade da Coruña, a través dun convenio asinado polas dúas entidades. A bolsa terá unha remuneración económica de 1.000 € brutos por estudante e mes. Este programa é xestionado pola Unidade de Emprego da vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade da UDC.
 
LINK CON TODA A INFO
 
BREVE RESUMO PARA O ESTUDANTADO
Estás interesado/a no desenvolvemento do rural?
Queres contribuír coas túas achegas a esta finalidade ao mesmo tempo que desenvolves competencias profesionais relacionadas cos teus estudos?
Se é así, inscríbete no formulario que podes atopar nesa web da Unidade de Emprego UDC.  Podes elixir un mínimo de 1 práctica e un máximo de 5, por orde de preferencia.
Tes a posibilidade de facer prácticas remuneradas con 1.000 € brutos/mes  durante 3 meses en entidades tanto públicas coma  privadas (asociacións, fundacións, empresas, mancomunidades, concellos etc.)  en contornas rurais de Galicia ou de fóra da nosa Comunidade Autónoma. Consulta toda a información na web https://www.udc.es/gl/emprego/practicas-campus-rural/.