Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso académico 2026/2027
Queremos informarvos de que o Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes vén de publicar no BOE do 25 de marzo de 2026 a convocatoria das bolsas de carácter xeral para o curso académico 2026‑2027, dirixidas a estudantes que vaian cursar estudos postobrigatorios para que lle deades a máxima difusión que poidades.
O prazo para presentar a solicitude estará aberto do 7 de abril de 2026, ás 08:00 horas, ata o 18 de maio de 2026, ás 15:00 horas, a través da Sede Electrónica do Ministerio: https://sede.educacion.gob.es/. https://sede.educacion.gob.es/https://www.educacionyfp.gob.es/.
Este prazo é único, xa que non haberá outro prazo con posterioridade a este, de aí a importancia de que fagan a solicitude no prazo establecido.
Para calquera dúbida poden contactar coa Sección de Bolsas da UDC (bolsas@udc.gal).

Galego
Español
English