Axudas para o estudantado afectado por causas sobrevidas 25/26 (non confundir coa de dificultades económicas)
Dende a Sección de Bolsas, achégannos información sobre a "Convocatoria do plan propio da Universidade da Coruña das axudas para o estudantado afectado por causas sobrevidas, curso 2025-2026”, publicada no TEO o 18/3/26, e para a súa difusión:
Convocatoria: Axudas para o estudantado afectado por causas sobrevidas no curso 2025/2026
Prazo de solicitude: dende o 19/03/2026 ata as 23:59 horas do 31/05/2026
Destinatarios: alumnado de grao ou máster que, por unha circunstancia sobrevida entre o 01/09/2025 e o 31/05/2026 que conleve unha diminución dos ingresos familiares, vexa comprometida a continuidade nos seus estudos universitarios.
Importe da axuda: 1.000 €.
Como solicitar a axuda: a través de formulario e achegando a documentación que xustifique a situación sobrevida tal e como se recolle na convocatoria

Galego
Español
English