Actividades Marzo Ambiental na Facultade de Ciencias
Bo día,
Metidas de cheo no marzo ambiental 2026, queremos lembrarvos as actividades que terán lugar na Facultade de Ciencias:
-
O vindeiro martes día 10, estaremos na planta 3ª cun xogo sobre residuos: Onde vai cada cousa? (de 11 a 13 e de 16 a 18 h)
-
Ate o día 23 de marzo podedes enviar as vosas fotografías para participar no concurso "20 anos do Monte da Fraga
-
No corredor da biblioteca desfrutaremos coa exposición cedida polo CEIDA "As aves de Galicia"
O seguinte enlace leva ao programa completo do marzo ambiental con todas as actividades programadas pola OdS.
https://www.udc.es/export/sites/udc/sociedade/medio_ambiente/_galeria_down/curso/Programa-Marzo-Ambiental-2302-2026.pdf_2063069239.pdf
Saúdos,
Comité Green Campus da Facultade de Ciencias

Galego
Español
English