Skip to main content

1.ª edición do Programa de “Bolsas Santander Axuda Económica para Prácticas 2026”.

Bo día,
A vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade convoca a 1.ª edición do Programa de “Bolsas Santander Axuda Económica para Prácticas 2026”.
Os datos más importantes deste programa son:
  • Nº bolsas: 120 bolsas para o estudantado, segundo os requisitos que establece a convocatoria cuxa publicación está prevista para o día 2 de marzo de 2026 no TEO (Taboleiro Electrónico Oficial) da Sede Electrónica da UDC.  
  • Contía da bolsa por estudante: 500 €/mes
  • Fondos destinados a estas bolsas: 60.000 € financiados polo banco Santander dentro do convenio asinado coa UDC.
  • Dirixidas a: Estudantado de grao, mestrado oficial ou posgrao que teña realizadas prácticas, estea a realizalas ou teña sido seleccionado no momento da inscrición para realizar unha práctica profesional externa curricular ou extracurricular remuneradas ou non remuneradas da UDC que comece e remate durante o ano 2026.  
  • Os demais requisitos que debe cumprir o estudantado están recollidos na nomeada convocatoria.
  • O estudantado interesado ten que facer unha dobre inscrición:
  1. Na plataforma de bolsas do Banco Santander:  
https://app.santanderopenacademy.com/es/program/ayuda-economica-para-practicas-2026-i-edicion. Haga clic o pulse si confía en este vínculo." style="border: 0px; font: inherit; margin: 0px; padding: 0px; vertical-align: baseline; color: rgb(5, 99, 193) !important;">https://app.santanderopenacademy.com/es/program/ayuda-economica-para-practicas-2026-i-edicion 
  1. No formulario en liña da UDC, indicada na páxina web:   
  • Prazo de presentación de solicitudes ou de inscrición neste programa:
Dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no TEO da Sede Electrónica da UDC, día 3/03/2026, até o día 16/04/2026 (ás 23:59 h).
Pregamos a máxima difusión no seu centro.
Grazas pola súa atención.
Un saúdo,
Equipo de Emprego UDC