Skip to main content

Proxección película "Os fillos do Sol"

O vindeiro venres a partir das 12:00 h no Salón de Actos da Facultade de Ciencias proxectarase a película "Os fillos do Sol" sobre unha parte da vida de Fernando Calvet e o nacemento da biotecnoloxía en Galicia a través da empresa Zeltia. 
 
Esta emisión está promocionada pola RAGC e a Facultade de Ciencias con motivo do nomeamento de Fernando Calvet como científico do ano 2025. Ao finalizar haberá un coloquio no que participará Juan Lema Rodicio presidente da RAGC.