Skip to main content

1 de decembro, 12,30 h Salón de Actos "xornada arredor dos mustélidos"

O vindeiro luns, 1 de decembro as 12:30 h. desenvolverase na Facultade de Ciencias (Salón de Actos) unha xornada arredor do coñecemento da fauna carnívora que é menos coñecida, mais igual de importante. Falamos da ampla familia de mustélidos, ben representada nos ecosistemas galegos. 
 
Consistirá nunha charla introductoria a cargo de Xosé Pardavila, zoólogo especialista en mamíferos e micromamíferos, representante de https://sorexecoloxia.jimdofree.com/.Sorex Ecoloxía e Medio Ambiente.
 
Completarase coa mostra de rastros e pegadas, cráneos, osos, peles (sinais de identificación de mamíferos en campo), e coa saída ao Monte da Fraga para búsqueda de indicios, se o tempo o permite.
 
A actividade de balde está recoñecida con 2h. de dedicación para alumnado de Grao da UDC que desexe solicitar créditos*.
Unha vez feita a https://forms.office.com/e/5MMgkjP4Cg. inscrición, recibirás correo-e de confirmación.