Skip to main content

1ª Edición do Programa de Bolsas Santander Complemento ás Prácticas Profesionais 2025

Destinatarios/as: alumnado matriculado a tempo completo na Universidade da Coruña, no curso 2024/2025 nun grao, posgrao ou mestrado universitario oficial. 
 
➡️En que consiste o programa de bolsas Santander? 
Estas bolsas enténdense en concepto de axuda complementaria que recibirá cada alumno/a beneficiario/a para contribuír a sufragar os custos derivados da realización de prácticas profesionais externas xa realizadas, en proceso ou pendentes de realización xa sexan curriculares ou extracurriculares durante o 2025. 
➡️Nesta 1ª edición convocanse 170 bolsas. Cada bolsa terá unha cuantía de 500€ 
 
➡️Convocatoria, formulario de inscrición e info polo miúdo no sitio web: 
https://www.udc.es/gl/emprego/bolsas-complementos-practicas/ 
 
➡️Remata o prazo de inscrición o día 26/05/2025 
Para calquer aclaración ou dúbida, estamos a túa disposición.
Un cordial saludo,
Unidade de Emprego UDC
Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade
881 01 29 03