III Concurso Interuniversitario de Integridade Académica

Desde o Grupo Interuniversitario de Integridade Académica do Sistema Universitario de Galicia (SUG), composto polos grupos de investigación educativa das tres universidades públicas galegas queremos solicitar a súa colaboración para animar ao seu alumnado a participar no III Concurso Interuniversitario de Integridade Académica.
 
O segundo concurso o ganou este ano un estudante da Facultade de Turismo e o segundo premio da Facultade de Terapia Ocupacional (https://integridadacademica.com/?pagina=ii-concurso-integridad-academica). Podes ver os carteis gañadores outras edición.
 
Este concurso ten como principal finalidade concienciar sobre a ética e a responsabilidade académica, mediante a creación dun cartel dixital que poña de manifesto as condutas adecuadas para previr accións contrarias á integridade académica. Está aberto á participación de estudantes de grao, máster e doutoramento das tres universidades públicas galegas.
 
Puntos clave para incentivar a participación:
Previr comportamentos deshonestos en exames, como o uso de dispositivos electrónicos ou o intercambio de información de forma inadecuada, evitar o plaxio e a presentación de traballos alleos como propios, combatir a falsificación de documentos académicos ou o comportamento deshonesto con profesorado e compañeiros/as, o uso no ético da intelixencia artificial nos traballos académicos (ver temáticas en https://integridadacademica.com/?pagina=iii-concurso-integridad-academica)
 
As propostas deben presentarse en formato dixital DIN A4 ou A3, en galego e castelán, cunha resolución mínima de 300 ppp. O prazo límite para o envío dos traballos é o 30 de maio de 2025. As entregas deberán realizarse en formato jpg e pdf ao enderezo concurso@plaxio.org, acompañadas dun certificado de matrícula.
 
Premios:
Unha tableta GALAXY TAB A9+ WIFI 64GB para o gañador/a de cada universidade.
Certificados para o segundo e terceiro posto.
Dada a importancia desta iniciativa para promover unha cultura de integridade académica, solicitamos a súa colaboración para divulgar este concurso entre o seu alumnado e animar á súa participación activa.
 
Pode atopar máis información e consultar as bases completas do concurso en https://integridadacademica.com.
 
Agradecemos de antemán a súa colaboración e o seu apoio nesta iniciativa tan relevante.
 
Atentamente,

Grupo Interuniversitario de Integridade Académica do SUG