2 Bolsas estudos posgrao Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas

Queremos comunicarlle que a Fundación presenta así a súa primeira convocatoria para dúas bolsas de estudos de posgrao no ámbito agroalimentario ou forestal e que están dotadas cun máximo de 40.000 euros cada unha que poderán destinarse a matrícula e estancia.

Remitimos esta información solicitando e agradecendo a súa divulgación entre o seu profesorado e alumnado. Adxunto incluímos as bases da convocatoria así como o formulario de solicitude que, xunto á documentación requirida, poderá ser enviado á dirección info@fundacioncruralnotario.gal ou remitida por correo postal a Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas, Cl Montero Ríos, 24-26, 27002 Lugo.

Esta información tamén está dispoñible na web www.caixaruralgalega.gal no apartado Fundación CRG TNV

https://www.caixaruralgalega.gal/es/fundacion-crg

Agradecendo a súa colaboración, reciba un afectuoso saúdo.