Voluntariado do Grupo Compostela de Universidades
O Grupo Compostela de Universidades oferta catro prazas abertas de voluntariado para atender as necesidades de interés social ligadas ao Camiño de Santiago.
Obxetivos:
- Enriquecer e valorizar os CV´s dos participantes.
- Transmisión de valores do colectivo participante á sociedade.
- Intercambio de experiencias entre os voluntarios e a sociedade.
- Dinamización e fomento da actividade física e mental dos voluntarios.
- Inclusión de colectivos vulnerabeis.
- Oferta de unha nova plataforma non-formal de transferencia de coñecemento para o colectivo universitario.
¿Quén pode participar?
- Os voluntarios deben ter entre 18 e 30 anos, con domicilio en Galicia e estar inscritos no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
- Admitiranse tamén no proxecto voluntarios pertenecientes ós colectivos en risco de exclusión social (ej. Idade avanzada, vítimas de violencia de xénero, pobreza, minorías, diversidade funcional, etc.) con domicilio en Galicia e que estén inscritos no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
- O proxecto tamén está aberto a voluntarios de outras universidades do GCU que teñan algunha vinculación recoñecida coás Universidades do Sistema Universitario de Galicia (ex. Estudiantes de grado e posgrado, profesores, investigadores, persoal laboral, etc.) con domicilio en Galicia e que estén inscritos no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
Duración:
Este programa está en vigor dende o 15-09-2021 ata o 30-09-2021
Tarefas:
- Os voluntarios realizarán as tarefas de benvida, acompañamento e dinamización das actividades de programación mensual do GCU, tales como: rexistro e control de participantes das actividades, punto de información para participantes, acompañamento e dinamización de actividades culturais (realización do Camiño de Santiago, visitas guiadas e excursións ao patrimonio de Galicia).
- Acompañamento de participantes nas actividades académicas (conferencias, sesións e debates).
- Dinamización e guía local para os participantes en asuntos da vida cotiá.
- Toma de fotografías.
- Interactuación social e transferencia de experiencias e do coñecemento cós participantes e sociedade do entorno.
Bolsa/Beneficios:
- Manutención e transporte.
- Seguro de accidentes.
- Certificado de participación.
Inscripcións:
A inscripción para este proxecto podese realizar enviando o CV e unha carta de motivación a este correo electrónico ou ó seguinte correo electrónico: grupo.compostela@usc.es