VII Curso de verán de mamíferos mariños e tartarugas en Galicia
Informamos de que está aberto o prazo para inscribirse no VII Curso de verán de mamíferos mariños e tartarugas en Galicia, organizado pola Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMA) e o Grupo Naturalista Hábitat coa colaboración da Facultade de Ciencias da UDC e Deputación da Coruña. Terá lugar o 25 e 26 de xuño. Achegamos a información sobre o programa e inscrición.


English
Galego
Español