A Universidade da Coruña convoca a 2ª edición dos Premios Universitarios a Traballos de Fin de Grao (TFG), Traballos de Fin de Mestrado (TFM) e Teses de Doutoramento en Materia de Emprendemento.
A Universidade da Coruña convoca a 2ª edición dos Premios Universitarios a Traballos de Fin de Grao (TFG), Traballos de Fin de Mestrado (TFM) e Teses de Doutoramento en Materia de Emprendemento.
Poderá presentarse o estudantado da Universidade da Coruña de calquera área de coñecemento cun TFG, TFM ou tese de doutoramento defendido e aprobado entre o 1 de setembro de 2023 e o 31 de xullo de 2025, que verse sobre a actividade emprendedora e a súa xestión.
20 PREMIOS
15.000 euros repartidos en dúas categorías:
- TFG e TFM
- Teses de doutoramento.
Prazo de presentación de solicitudes remata ás 14:00 horas do día 24 de setembro de 2025.
Os premios están financiados a través do convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e as tres universidades públicas galegas, para realizar actuacións de difusión, promoción e apoio ao emprendemento na comunidade universitaria.

English
Galego
Español