III Concurso-exposición de fotografía marzo ambiental: “Flora e fauna na contorna da UDC”
Descrición da actividade: Concurso-exposición de fotografía sobre o estado de conservación e a biodiversidade das contornas dos campus da UDC.
Esta actividade enmárcase na programación do marzo ambiental, e está dirixida a toda a comunidade universitaria (estudantado, alumni UDC, profesorado, persoal de administración e servizos).
As persoas participantes deberán enviar un máximo de 3 fotografías. Entre as recibidas realizarase unha selección para a súa exposición na Facultade de Ciencias. Dende o día 21 de marzo ate o 21 de abril, as persoas que a visiten poderán votar a súa fotografía preferida a traverso dun formulario forms. Premiaranse as 3 fotografías que acaden máis votos.
Data límite de envío: 17 de marzo
Exposición: dende o 25 de marzo
Votación: do 25 de marzo ao 25 de abril
Resolución premios: 29 de abril
III Concurso-exposición de fotografía marzo ambiental: “Flora e fauna na contorna da UDC”