PROGRAMA XUVENTUDE MENTORING PARA EGRESADOS

Xuventude Mentoring 2022, un programa de impulso ao emprego da mocidade galega graduada universitaria, organizado pola Xunta de Galicia, coa colaboración doConsorcio CIXUG, aUniversidade da Coruña, aUniversidade de Santiago de Compostela e aUniversidade de Vigo. 
Inscríbete! Remata o prazo o día 14 de setembro e as prazas son limitadas! 
Se remataches os teus estudos e non sabes que facer para buscar emprego, queres mellorar os teus contactos profesionais e ter oportunidades reais de traballo, esta é unha boa oportunidade. 
Se xa es egresado/a da UDC, animámoste especialmente porque pensamos que é una ocasión única que che abrirá portas e; sen dúbida, atoparás un programa de calidade, con recursos deseñados para satisfacer as túas necesidades e cun gran investimento para o teu futuro.  Trátase dun programa integral de mentoring (serás asesorado por unha persoa mentora experta no sector profesional do teu interese), formación para o emprego e contactos directos con empresas relacionadas co teu ámbito de coñecemento, que multiplicará as túas posibilidades de traballar consonte ás túas competencias. Unha fórmula completa de orientación + mentoría + formación en ferramentas + networking (contactos e actividades directas con empresas) ao teu servizo. 
Toda a info en: