Novedades Horarios Grados
Desenvolvemento da docencia do primeiro cuadrimestre do curso 2020-2021 na Facultade de Ciencias
Aspectos xerais da docencia de Grao e Mestrado
Títulos de Grao - Docencia híbrida
EXCEPTUANDO O 1º CURSO DOS GRAOS EN BIOLOXÍA, QUÍMICA, NANOCIENCIA E NANOTECNOLOXÍA e PROGRAMA DE SIMULTANEIDADE:
Por cuestións de seguridade, as primeiras tres semanas de docencia en aula (Docencia Expositiva e Titorías de Grupo Reducido) serán 100% en modelo de tele-formación a través da plataforma Teams. As prácticas serán sempre presenciais).
Nos títulos de Grao, por mor do número de matriculados, realizouse unha planificación híbrida segundo segue:
Docencia impartida en aulas (*)
- Docencia Expositiva (DE) - Docencia Híbrida (Presencial na Facultade/Tele-formación a través de Teams)
Os grupos grandes de DE dividiranse en grupos máis pequenos que se adecúen ao aforo das aulas grandes. Mediante un sistema rotatorio, cada estudante asistirá presencialmente á metade ou a un terzo das clases de DE (dependendo do curso) nas aulas da Facultade, e o resto das clases as seguirá de xeito síncrono a través de Teams. Cada grupo de estudantes dun mesmo curso terá toda a docencia presencial en aula concentrada no menor número posible de días de cada semana ou semana e media. Ver en detalle a explicación dos cronogramas por Grao e curso.
- Titorías de Grupo Reducido (TGR) - Docencia Presencial
Na medida do posible, as actividades de TGR organizáronse de tal modo que todos os alumnos terán estas actividades os mesmos días que teñen que desprazarse á Facultade para asistir á DE. Serán, por tanto, íntegramente presenciais en aulas grandes.
Nos casos (moi puntuais) nos que os alumnos/as teñan docencia expositiva por Teams e actividades de grupo reducido (que son presenciais sempre) nun mesmo día, habilitarase un aula para que os alumnos asistan á DE por Teams na Facultade xa que, doutro modo, non terían tempo de desprazarse dende o seu domicilio á Facultade.
Docencia de Clases de Prácticas (impartida en laboratorios ou aulas de informática) - Docencia Presencial.
As clases prácticas en laboratorio experimental ou en aula de informática organízanse de forma presencial dependendo da matrícula de cada materia e o aforo dos espazos destinados para impartir estas actividades. Espérase que sexa plenamente presencial, aínda que é posible que certa porcentaxe dos créditos (nos casos nos que o aforo non permita a presencialidade plena) teñan que ser substituídos por actividades que os alumnos poidan desenvolver de forma autónoma e telemática.
Títulos de Mestrado - Docencia presencial na Facultade. (*)
Por cuestións de seguridade, as primeiras tres semanas de docencia en aula (Docencia Expositiva e Titorías de Grupo Reducido) serán 100% en modelo de tele-formación a través da plataforma Teams. As prácticas serán sempre presenciais).
Dado o número de matriculados nos mestrados e o aforo das aulas e laboratorios na Facultade, toda a docencia, teórica e práctica, desenvolverase de maneira plenamente presencial en tanto sexa posible.
Explicacións en detalle dos cronogramas por Grao e curso
- Xornada de Acollida para os/as estudantes matriculados por primeira vez nos Graos da Facultade de Ciencias
- Explicación dos cronogramas do Grao en Bioloxía
- Explicación dos cronogramas do Grao en Química
- Explicación dos cronogramas do Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
- Explicación dos cronogramas do Programa de Simultaneidade no Grao en Bioloxía e o Grao en Química
- Outras consideracións sobre seguridade