Skip to main content

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE 27 E 28 DE OUTUBRO

Infórmase da continuación da campaña de doazón de sangue que desenvolve a Consellería da Sanidade nas universidades galegas no curso 2026/2027
 
A unidade móbil de doazón de sangue acudirá á Facultade de Ciencias os días 27 e 28 de outubro e atenderá ás persoas que desexen participar na unidade móbil que estacionará na parada de bus, diante da facultade en horario de 09:30 a 14:30 - 15:30 a 21:00 horas.
 
Débese levar D.N.I e non acudir sen almorzar pola mañá.
 
O día anterior á campaña de doazón acudirá persoal da Axencia a impartir breves charlas informativas en todos os cursos (priorizando 1º) co obxectivo de sensibilizar ao alumnado e clarexar dúbidas. Prégase a máxima implicación facilitando ao persoal da Axencia o acceso ás aulas.
Queremos facer un chamamento á participación activa da comunidade universitaria neste acto solidario, necesario para que moitas persoas recuperen a súa saúde.

Unidade de Doazón e Xestión de Colectas

Axencia de Doazón de Órganos e Sangue