Revisión de outono da charca do Monte da Fraga
ADEGA, xunto coa Oficina de Sustentabilidade da UDC, organizan unha nova xornada de voluntariado no Monte da Fraga. A cita será o vindeiro xoves, 8 de outubro, ás 16h.
A duración aproximada desta actividade é de 2h. Durante a realización desta actividade, as persoas participantes axudarán a revisar e reparar a charca do monte da Fraga.
O punto de encontro para a actividade será na porta da Fac. de Ciencias (A Zapateira) ás 16:00h.
É necesario inscribirse previamente cubrindo o formulario dispoñible na seguinte ligazón: https://forms.gle/twqUWpSFYa4vbPvQA

Español
Galego
English