Conferencia "A Paleontoloxía na era tecnolóxica: descifrando o pasado para entender o futuro" Mércores 30 de setembro · 13:00 h · Facultade de Ciencias
A Paleontoloxía na era tecnolóxica: descifrando o pasado para entender o futuro»
Mércores 30 de setembro · 13:00 h · Facultade de Ciencias
Paleo en el barrio: ciencia de proximidad en Galicia
Adriana Oliver – U. de Vigo
As súas liñas de investigación céntranse na sistemática, taxonomía, morfometría, paleoecoloxía, evolución e paleobioxeografía dos roedores fósiles. Combina a investigación básica con actividades científico-técnicas relacionadas co patrimonio paleontolóxico e un intenso labor de divulgación, promovendo a transferencia social do coñecemento científico.
Xoves 1 de outubro · 13:00 h · Salón de Actos do CICA
A perforación oceánica profunda e a súa transcendencia na definición dos
paradigmas xeolóxicos
José Abel Flores Villarejo – U. de Salamanca
Oceanógrafo e micropaleontólogo especialista en cambio climático, paleoceanografía e paleoclimatoloxía. Participou en arredor de vinte campañas oceanográficas internacionais, dúas delas como xefe de campaña, en rexións clave como o Ártico, a Antártida, o Atlántico, o Pacífico e o Índico.
Luns 5 de outubro · 13:00 h · Facultade de Ciencias
Como se fai unha tese de doutoramento en Paleontoloxía? A miña experiencia
como especialista en trilobites
Sara Romero Gómez – U. Complutense de Madrid
Investigadora predoutoral na Universidade Complutense de Madrid, especializada no estudo dos trilobites do Ordovícico Medio e Superior. A súa tese céntrase nos xacementos da Cordilleira Ibérica, abordando o estudo destes artrópodos fósiles para coñecer mellor a diversidade, evolución e paleoecoloxía das comunidades mariñas do Paleozoico.
Martes 6 de outubro · 13:00 h · Facultade de Ciencias
Que nos contan os fósiles de plantas? Unha visión diferente da evolución
biolóxica
José Bienvenido Díez Ferrer – U. de Vigo
Especialista en paleobotánica e paleontoloxía vexetal, con liñas de investigación centradas no estudo dos fósiles de plantas e na súa contribución ao coñecemento da evolución biolóxica. A través do rexistro fósil vexetal, aborda a evolución das plantas e os cambios na biodiversidade ao longo do tempo xeolóxico.
Dra Aurora Grandal-d'Anglade
Instituto Universitario de Xeoloxía
Universidade da Coruña

Español
Galego
English