A muller e a nena na Ciencia venres 21 nov 12,00 h salón de actos
No marco do ciclo “6 meses, 6 causas” da UDC Saudable, e dentro do eixo Mulleres e Saúde, coordinado pola profesora Zeltia Naia Entonado, este venres 21 de novembro ás 12:00 horas, celebrarase na Facultade de Ciencias-Campus da Zapateira a conferencia titulada “A muller e a nena na ciencia”, impartida por dona Lucía Santiago Caamaño, profesora UDC da EPEF do Departamento de Enxeñaría naval e industrial.
Agradecemos a súa difusión entre as distintas comunidades e convidámosvos a participar.
Un cordial saúdo,
Sergio Santos del Riego, MD PhD
Director UDC Saudable

Español
Galego
English