Compostaxe comunitaria
O comité Green Campus da Facultade, recollendo a iniciativa dun alumno do centro, quere iniciar unha experiencia de compostaxe comunitaria máis aló dos composteiros que neste momento están a recoller os residuos orgánicos das cafeterías/comedores do campus.
Trataríase de traer a fracción orgánica, xerada na nosa vivenda particular, para compostala nun compostador situado na Praza da Fraga, fronte á Facultade de Ciencias. Non se trata de facer unha achega puntual, senon de traer o noso lixo orgánico de forma regular, e participar no proceso de obtención do compost de forma activa coma usuarios/as e/ou coma voluntarias/os.
Os compostadores serán operados por voluntarios/as, coa supervisión de GC Ciencias e OMA. As persoas adscritas como usuarias só deberán depositar os residuos no compostador. Se desexan participar nas tarefas de compostaxe e mantemento, deberán rexistrarse/comprometerse como voluntarias/os.
Participar como usuarias
Para participar como usuarias, ademais de rexistrase como tal, terán en conta o seguinte:
- Achegarán os residuos orgánicos en bolsa compostable ou sen bolsa (por exemplo, mediante un caldeiro ou recipiente que volven levar consigo). A bolsa compostable si pode quedar no compostador, sen ser preciso abrila por parte da persoa usuaria.
- Levarán un rexistro do número de veces por semana e as cantidades (en peso ou en volume aproximado) que achegan ao compostador.
Participar como voluntarias nas tarefas de compostaxe e mantemento
As persoas adscritas como “voluntarias” para a xestión/manexo do sistema, recibirán formación e comprometeranse nas tarefas que libremente decidan. Entre estas podemos citar:
a) inspección dos compostadores e área de compostaxe,
b) mestura do material, adición de triturado vexetal como estruturante e corrección da humidade,
c) medición de temperatura e outros parámetros
d) obtención de mostras e análise en laboratorio
e) xestión da información e seguimento do proceso e do proxecto.
O tempo de dedicación tamén se acordará en función da dispoñibilidade e necesidades. Estímase que será un grupo de voluntarios/as reducido.
De cara á organización en detalle da actividade, precisamos saber canta xente participaría nela. Se estades interesados/as cubride o seguinte formulario en Forms antes do 16 de febreiro de 2024.
https://forms.office.com/e/gh7ZwqFGZk?origin=lprLink. Haga clic o pulse si confía en este vínculo." data-auth="Verified" data-loopstyle="linkonly" data-linkindex="0">https://forms.office.com/e/gh7ZwqFGZk?origin=lprLink
Saúdos,
Comité Green Campus da Facultade de Ciencias