Novedades Horarios Grados

Desenvolvemento da docencia do primeiro cuadrimestre do curso 2020-2021 na Facultade de Ciencias

Aspectos xerais da docencia de Grao e Mestrado

Títulos de Grao - Docencia híbrida

EXCEPTUANDO O 1º CURSO DOS GRAOS EN BIOLOXÍA, QUÍMICA, NANOCIENCIA E NANOTECNOLOXÍA e PROGRAMA DE SIMULTANEIDADE:

Por cuestións de seguridade, as primeiras tres semanas de docencia en aula (Docencia Expositiva e Titorías de Grupo Reducido) serán 100% en modelo de tele-formación a través da plataforma Teams. As prácticas serán sempre presenciais).

Nos títulos de Grao, por mor do número de matriculados, realizouse unha planificación híbrida segundo segue:

Docencia impartida en aulas (*)

  • Docencia Expositiva (DE) - Docencia Híbrida (Presencial na Facultade/Tele-formación a través de Teams)

Os grupos grandes de DE dividiranse en grupos máis pequenos que se  adecúen ao aforo das aulas grandes. Mediante un sistema rotatorio, cada estudante asistirá presencialmente á metade ou a un terzo das clases de DE  (dependendo do curso) nas aulas da Facultade, e o resto das clases as seguirá de xeito síncrono a través de Teams. Cada grupo de estudantes dun mesmo curso terá toda a docencia presencial en aula concentrada no menor número posible de días de cada semana ou semana e media. Ver en detalle a explicación dos cronogramas por Grao e curso.

  • Titorías de Grupo Reducido (TGR) - Docencia Presencial

Na medida do posible, as actividades de TGR organizáronse de tal modo que todos os alumnos terán estas actividades os mesmos días que teñen que desprazarse á Facultade para asistir á DE. Serán, por tanto, íntegramente presenciais en aulas grandes.

Nos casos (moi puntuais) nos que os alumnos/as teñan docencia expositiva por Teams e actividades de grupo reducido (que son presenciais sempre) nun mesmo día, habilitarase un aula para que os alumnos asistan á DE por Teams na Facultade xa que, doutro modo, non terían tempo de desprazarse dende o seu domicilio á Facultade.

Docencia  de Clases de Prácticas (impartida en laboratorios ou aulas de informática) - Docencia Presencial.

As clases prácticas en laboratorio experimental ou en aula de informática organízanse de forma presencial dependendo da matrícula de cada materia e o aforo dos espazos destinados para impartir estas actividades. Espérase que sexa plenamente presencial, aínda que é posible que certa porcentaxe dos créditos (nos casos nos que o aforo non permita a presencialidade plena) teñan que ser  substituídos por actividades que os alumnos poidan desenvolver de forma autónoma e telemática. 

Títulos de Mestrado - Docencia presencial na Facultade. (*)

Por cuestións de seguridade, as primeiras tres semanas de docencia en aula (Docencia Expositiva e Titorías de Grupo Reducido) serán 100% en modelo de tele-formación a través da plataforma Teams. As prácticas serán sempre presenciais).

Dado o número de matriculados nos mestrados e o aforo das aulas e laboratorios na Facultade, toda a docencia, teórica e práctica, desenvolverase de maneira plenamente presencial en tanto sexa posible.

 

Explicacións en detalle dos cronogramas por Grao e curso

  1. Xornada de Acollida para os/as estudantes matriculados por primeira vez nos Graos da Facultade de Ciencias
    1. 1. Enlaces de interés para alumnos de primer curso de Grado
  2. Explicación dos cronogramas do Grao en Bioloxía
  3. Explicación dos cronogramas do Grao en Química
  4. Explicación dos cronogramas do Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
  5. Explicación dos cronogramas do Programa de Simultaneidade no Grao en Bioloxía e o Grao en Química
  6. Outras consideracións sobre seguridade