NEWS 



RECOMENDACIÓNS PARA A MATRÍCULA







Asignaturas troncais e obrigatorias da Universidade:



Experimentación en Síntese Inorgánica do segundo curso da Licenciatura. Recomendable ter cursado Química Inorgánica I e estar cursando simultáneamente Química Inorgánica II

 

E aconsellable ter aprobada a Química Orgánica de segundo curso para cursar Experimentación en Síntese Orgánica, e dado o seu carácter complementario con Ampliación de Química Orgánica, é asimesmo aconsellable que se cursen simultaneamente.

 

Respecto a asignatura de cuarto curso Experimentación en Química Orgánica, é aconsellable ter aprobada Ampliación de Química Orgánica, e de forma similar, cursala simultaneamente con Química Orgánica Avanzada. A mesma recomendación de simultaneidade é aplicable ás asignaturas de quinto curso: Ampliación de Química Inorgánica e Ampliación de Experimentación en Química Inorgánica.

 

Os contidos que se imparten na asignatura Química Inorgánica Avanzada (troncal de 4º curso) requiren ter un coñecemento adecuado das asignaturas Introducción á Espectroscopia (troncal de 3º curso) e Química Física (troncal de 2º curso), polo que a matrícula en dita asignatura so se recomenda a aqueles alumnos que superaran estas dúas últimas. Asimesmo, infórmase que a asignatura Experimentación en Química Inorgánica (troncal de 4º curso) inclúe conceptos que se imparten en Química Inorgánica Avanzada, polo que se recomenda cursala simultaneamente con esta última.

 

Respecto á asignatura troncal Técnicas Experimentais en QuímicaAnalítica (2º curso) é aconsellable ter aprobada Química Analíticae, de forma similar, cursala simultaneamente con Ampliación de Química Analítica. A mesma recomendación é aplicable as asignaturas Ampliación de Química Analítica (2º curso) e Química Analítica (1º curso)

 

 

 

Asignaturas optativas:

 

Optativas de primeiro ciclo: para cursar certas optativas é moi recomendable ter cursadas previamente outras materias. En concreto:

 

Física da Atmosfera, precisaría ter cursada a Física do primeiro curso da licenciatura.

 

Métodos Matemáticos Aplicados á Química,precisaría ter cursadas as Matemáticas do primeiro curso da licenciatura.

 

Simetría. Aplicacións da teoría de grupos en Química. É unha asignatura orientada a alumnos de segundo e terceiro curso e precisa ter cursada a materia Enlace químico e estructura da materia, do primeiro curso da licenciatura.

 

Análise de Contaminantes en Diversas Matrices Medioambientais (auga, solos, atmósfera e alimentos), precisaría ter cursadas a Química Analítica e a Ampliación de Química Analíticade primeiro e segundo curso da licenciatura, respectivamente.

 

Química Bioorgánica e Toxicoloxía Ambiental precisaría ter cursada a materia Química Orgánica do segundo curso da licenciatura.

 

Optativas de segundo ciclo:

Química Heterocíclica. Aplicacións en Química Farmacéutica, e Determinación Estructural e Síntese en Química Orgánica. Precisarían ter cursadas as asignaturas troncais: Química Orgánica Avanzada eDeterminación Estructural.

Técnicas Analíticas instrumentais en Medio Ambiente. Recomendable a súa matriculación en cuarto Curso.

 

Cinética dos Procesos Contaminantes. Os contidos desta materia serán accesibles para alumnos que dispoñan dos coñecementos adquiridos no primeiro ciclo da Licenciatura. Non é por tanto, unha asignatura optativa orientada a 5º curso.

 

Curso Avanzado de Proteínas e Ácidos Nucleicos. A elección desta asignatura non se recomenda aos alumnos que teñan pendente a Bioquímica do terceiro curso da licenciatura.



logo udc