Garantía Interna de Calidade

A Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, co propósito de garantir a calidade das titulacións impartidas neste Centro, e de acordo co RD 1393/2007 polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, elaborou un Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) que foi aprobado en Xunta de Facultade.

O SGIC da Facultade de Ciencias foi elaborado de acordo coas directrices establecidas no programa FIDES-AUDIT para o desenvolvemento de Sistemas de Garantía Interna de calidade da formación universitaria, e foi avaliado e certificado positivamente pola Axencia da Calidade do Sistema Universitario Galego (ACSUG). A implantación deste sistema na Facultade de Ciencias é unha responsabilidade compartida polo conxunto dos seus membros.

Na sua organización o SGIC dispón dun manual (MSGIC) que recolle os principios básicos da sua elaboración e un conxunto de procedementos para levar a cabo a súa implantación.