Skip to main content

IX Edición Xuventude Mentoring

Este programa conta cun completo conxunto de formacións, eventos e visitas a empresas que che axudarán na transición desde a actividade académica ata a inserción no mercado laboral, incluíndo distintos contidos formativos específicos para axudarte na busca de emprego e na mellora do teu perfil profesional, actividades de networking para interactuar co mundo laboral, o seguimento individual e adaptado ás túas necesidades por unha persoa mentora con experiencia en sectores de interese e cun continuo e completo seguimento dun equipo de persoas titoras que te acompañará ao longo de todo o proceso.
Tes toda a información sobre esta edición na web do programa https://www.xuventudementoring.gal/. 
Se tes algunha dúbida en relación ao programa ou ao seu contido despois de consultar esta información, no apartado “Equipo” da web do Programa tes os datos de contacto das persoas titoras do Programa para resolvelas ou na Unidade de Emprego da UDC (emprego.vee@udc.es).
 
Tipo de información: Curso de formación e mentorización para persoas egresadas da UDC
Datas clave: O Programa Xuventude Mentoring ten xa o prazo de presentación de solicitudes aberto, estando previsto que peche o vindeiro 13 de abril ás 23:59 horas.
Promotor/a da iniciativa: CIXUG e a UDC como centro coordinador.
Custo para o estudantado: De balde previa inscrición.
Ligazón con máis información https://www.xuventudementoring.gal/.