CONCURSO DE CARTEIS PARA A XVIII FASE GALEGA DA OLIMPÍADA ESPAÑOLA DE BIOLOXÍA

CONCURSO DE CARTEIS PARA A XVIII FASE GALEGA DA OLIMPÍADA ESPAÑOLA DE BIOLOXÍA

BASES DO CONCURSO

A Fase Galega da Olimpíada de Bioloxía organizada polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia convoca un concurso para seleccionar o cartel que a ilustrará. Esta fase se celebrará o 17 de febreiro de 2023 na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Quen pode participar? 1. O concurso está dirixido a: Estudantes de 2º de bacharelato de centros galegos, estudantes de bioloxía das Facultades galegas, colexiados do COBGA e ex olímpicos dá olimpíada de bioloxía. 2. A participación só pode ser individual. 3. Quedan excluídos da convocatoria os membros do comité organizador e os integrantes do xurado.  Como participar? 4. Só se admite un traballo consistente nun CARTEL por persoa. 5. A temática do cartel deben estar relacionadas coa Bioloxía. Desde a súa vertente máis molecular ata organismos ou ecosistemas. 6. O traballo presentado debe ser orixinal e inédito. Plazo: 7/11/22