International Summer School

No marco das actividades de internacionalización na casa, na Oficina de Relacións Internacionais estamos a organizar a próxima edición da International Summer School, que consiste nunha ampla e variada oferta de cursos dirixidos ao estudantado da UDC (grao, mestrado e doutoramento dependendo da temática) e estudantado internacional. 

Trátase de cursos intensivos impartidos en lingua inglesa dende o 18  ao 29 do vindeiro mes de xullo. O estudantado da UDC poderá solicitar da Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación a convalidación do curso seleccionado por 4.5 ECTS. Para o estudantado da UDC o importe da matrícula destes cursos é de 50 euros ata o 15 de maio; a partir desta data a taxa de matrícula será de 100 euros (https://www.udc.es/en/iss/courses/Registration_fees/index.html). 

Cremos que os seguintes cursos están relacionados coas materias que son impartidas na vosa facultade e poden resultar de interese para profundizar nelas: 

Statistical Data Analysis in Research Projects: https://www.udc.es/en/iss/cursos-2022/statistical-data-analysis-in-research-projects/ 

Computational Fluid Dynamics: https://www.udc.es/en/iss/cursos-2022/computational-fluid-dynamics-cfd-/ 

Sustainable Materials - The Science of Making a Green Future: https://www.udc.es/en/iss/cursos-2022/sustainable-materials-the-science-of-making-a-green-future/  

Smart Cities and Smart Roads in the Context of Covid-19 https://www.udc.es/en/iss/cursos-2022/smart-cities-and-smart-roads-in-the-context-of-covid-19/  

Sustainability and Sustainable Tourism: https://www.udc.es/en/iss/cursos-2022/sustainability-and-sustainable-tourism/