Tramitacións máis frecuentes

Solicitudes de servizos da secretaría do alumnado

• Tramitacións non específicas: Impreso de solicitude xeral

• Solicitude de certificación académica.
No caso de que o alumnado desexe só información do seu expediente académico e estea matriculado, pode obtela na secretaría virtual coa súa clave de usuario e contrasinal.
Se o que precisa é unha certificación académica presentará o impreso de solicitude de certificación académica xunto co xustificante de pagamento das taxas de expedición que lle entregarán na secretaría do centro.

• Devolución de taxas.
Deberán presentar na secretaría do centro os impresos Solicitude de devolución e Anexo datos bancarios xunto cos xustificantes de pagamento orixinais e fotocopia do NIF/NIE.

• Solicitude de recoñecemento de créditos.
Poderán solicitar o recoñecemento de créditos nos prazos establecidos na Normativa de Xestión Académica do curso que corresponda, presentado na secretaría o impreso de solicitude de xeral, acompañado de:

Estudos cursados en centro universitarios españois:
Certificación académica persoal
Programas das materias cursadas.

Estudos cursados en centros universitarios estranxeiros:
Certificación oficial acreditativa do nivel e clase de estudos que se pretenden validar
Programas das materias cursadas
DNI ou pasaporte
Estudos de Ciclos Formativos
Certificado de estudos
Todos os documentos deberán ser oficiais, expedidos polas autoridades competentes ou de selo caso e legalizados por vía diplomática ou coa correspondente Apostilla da Haya.

• Solicitude de recoñecemento de créditos de libre elección. (Licenciaturas)
No prazo establecido na Normativa de Xestión Académica de cada curso académico, presentarán na secretaría o impreso de solicitude de recoñecemento de créditos de libre elección xunto con orixinais e fotocopias dos diplomas ou certificados que acrediten a realización dos cursos, seminarios, idiomas, etc. que pretendan recoñecer.

• Cambio de materias optativas a libre elección. (Licenciaturas)
No suposto de que os/as alumnos/as superasen unha materia optativa da súa mesma titulación e do mesmo plan de estudos, poderá solicitar para rematar o ciclo, no caso de traslado para continuar estudos noutra universidade ou para finalizar seus estudos, o cambio de carácter desa materia. A dita solicitude se fará na secretaría co impreso de solicitude de cambio de materias optativas a libre elección.