Entrega camisetas por parte de sg tech

O xoves 18 de abril, ás 12,00 horas terá lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias, o acto de presentación e entrega de camisetas, a cargo de Marta Castro en representación de sg tech, aos compoñentes do equipo de fútbol da Facultade de Ciencias, Nanoteam.

De seguido haberá unha breve intervención por parte do Decano Andrés Martínez Lage e do CEO de sg tech Alfredo Castro.