• As Novas
  • Organización do traballo na Facultade de Ciencias durante a duración dos efectos do R.D. 463/2020, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria

Organización do traballo na Facultade de Ciencias durante a duración dos efectos do R.D. 463/2020, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria

A toda a comunidade da Facultade de Ciencias da UDC.

Ante a nova situación de peche da actividade presencial na Facultade de Ciencias, e a fin de garantir a continuidade na prestación do servizo público, cumplindo ao mesmo tempo coas medidas adoptadas polos gobernos da comunidade autónoma e do estado, infórmase:

Todo o persoal da Facultade de Ciencias (PAS e PDI), e o persoal que desenvolve traballo de investigación na Facultade pasa á modalidade de teletraballo. O centro permanecerá pechado, pero o persoal deberá permanecer localizable e atento ao seu correo electrónico.

O equipo directivo da Facultade permanecerá dispoñible en horario de 9 a 19. Os correos electrónicos extensións de teléfono son as habituais:
Decano: Moisés Canle, ciendeca@udc.es, 881012005
Vicedecana de Organización Académica: Esther Rodríguez, cienvic.orgacad@udc.es, 881012003
Vicedecano de Infraestruturas: Federico Pomar, cienvic.infraest@udc.es, 881012004
Vicedecana de Calidade: Elisa Beceiro, cienvic.calidade@udc.es, 881012003.
Secretaria Académica: Graciela Estévez, ciensecr@udc.es, 881012006

O Secretario Administrativo do Decanato estará dispoñible en horario de 9:00 a 14:00.
Ramón Salvado, decanato.ciencias@udc.es, teléfono (desviado a móbil) 881012065
O PAS do negociado de administración de alumnos estará en permanente contacto, vía correo electrónico e teléfono (nas extensións habituais), teletraballando en horario de 9:00 a 14:00.
Correo electrónico do negociado: administracion.ciencias@udc.es
Teléfonos de atención (desviados a móbiles):
Gerardo Pacios Cancelo: 881012060
María Ruibal López: 881012250
Javier Villar Arévalo: 881012066
Marina Manteiga Rodríguez: 881012064 (administradora)

O PAS da UADI estará en permanente contacto, vía correo electrónico e teléfono (nas extensións habituais), teletraballando en horario de 9:00 a 14:00.
Os enderezos e teléfonos nos que se atenderá serán:
Correo electrónico da UADI: uadi.ciencias@udc.es
Teléfonos de atención (desviados a móbiles)
Jorge González Fernandez: 881012095 (responsable da UADI)
Susana Galán Rodríguez 881012245
Silvia Pintos Señorans 881012093
Natalia Álvarez Suárez 881012098
O negociado de asuntos económicos realizará unha xornada de 9 a 14, en teletraballo. Os diversos asuntos do negociado serán atendidos telemáticamente a través do
correo electrónico: eco5010@udc.es
Teléfonos de atención (desviado a móbiles):
Ana Pita: 881012118
Mónica Criado: 881012075
Carlos Fernández: 881012021
Ángeles Gómez: 881012067 (Xefa de asuntos económicos)

A biblioteca da Facultade permanecerá pechada e o persoal realizará as súas funcións en teletraballo. As necesidades do servizo se atenderán a través de:
Correo electrónico da Biblioteca da Fac. de Ciencias: ciencias.bib@udc.es
Teléfono de atención (desviado a móbiles), 881012059
Bibliotecaria (María José Lobeiras): 881012009

O persoal de conserxería permanecerá localizable no teléfono de conserxería (881012001) desviado a móbil, para o caso de calquer necesidade inaprazable ou eventualidade relacionada coas infraestruturas do centro (avarías, accidentes, etc.).

Os técnicos de laboratorio da Facultade permanecerán localizables para o caso de que se precisasen os seus servizos por necesidades inaprazables, e pendentes do correo electrónico en horario de 9:00 a 14:00. Tamén deberán entrar en contacto coas persoas responsables dos laboratorios onde foran a desenvolver a súa labor durante este período de cese de actividade presencial, e seguir as súas instruccións respecto á posibilidade de realizar teletraballo ou traballo ofimático.

A persoa responsable de cada unidade de PAS (Marina Manteiga, Jorge González, Ángeles Gómez, María José Lobeiras, Jorge González) disporán, dacordo co Decano ou membro do equipo decanal en quen delegue qué persoa permanecerá de garda para acudir á Facultade caso de que a súa presencia fose requirida por necesidades inaprazables.

Respecto a persoal investigador (e investigadores en formación) que desenvolve o seu traballo en dependencias da Facultade, en tanto as medidas permanezan no seu nivel actual, o traballo de investigación derivarase a escritura, traballo bibliográfico, teletraballo, etc.
En todo caso, se a presenza nos laboratorios fose absolutamente imprescindible por necesidades inaprazables, os responsables de laboratorio deberán instruir ao persoal que poida acudir ao seu posto para que extreme as medidas de seguridade no traballo de laboratorio, máxime pola previsión de ausencia de outro persoal na Facultade, co conseguinte risco caso de se requirir potenciais labores de auxilio. Enténdese que as necesidades inaprazables se limitan a actividades puntuais, como pode ser o mantemento de cultivos, experimentos costosos ou moi longos xa iniciados, etc., e que o persoal que acuda a tal fin debería permanecer na Facultade o mínimo tempo imprescindible.

 

En A Coruña, a 15 de marzo de 2020.
O Decano,
Moisés Canle