Sabemos que ninguén está libre de ter dúbidas referidas ao funcionamento da biblioteca. Buscando resolvelas do xeito máis eficiente posible, poñémonos á vosa disposición para ofrecervos información e asistencia sobre, entre outros,

  • Horarios, servizos e normas da biblioteca
  • Organización e localización dos fondos documentais
  • Funcionamento e manexo do catálogo
  • Acceso á rede WiFi da UDC
  • Utilización e consulta das bases de datos
  • Buscas de información especializadas

Por tal motivo, queremos proporcionarvos, ademáis do acceso presencial no mostrador da biblioteca, varias ferramentas de referencia virtual,

  • Para obter referencias bibliográficas sobre un tema determinado, podedes empregar o seguinte formulario electrónico.
  • Para consultas xerais, podedes contactar con nós de varios xeitos diferentes,
    • Por teléfono, chamando ao 981 167 000, extensión 2059.
    • Por correo electrónico, escribindo a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. co asunto CONSULTA.
    • Por medio das redes sociais, a través dos nosos perfís en Facebook, Twitter ou Google+.