Somos conscientes de que a ninguén lle sobra o tempo. Isto, unido á importancia de coñecer e manexar ben os recursos da Biblioteca Universitaria, fíxonos apostar polo formato do videotitorial: breves, concisos, explicativos, accesibles e interactivos.

Así que, con certa periodicidade, iremos engadindo novos titoriais sobre trucos, utilidades ou aplicacións relacionadas coa vosa biblioteca. Farémolo nesta sección e na canle BiblioCiencias en YouTube.