Para que poidades aprender a usar ou mesmo profundar no manexo dos recursos electrónicos subscritos pola biblioteca poñemos á vosa disposición unha serie de titoriais e seminarios que ofrecen os provedores destes recursos.

GREENFILE

A plataforma EBSCO contén titoriais en castelán que, pese a non ser especificamente de Greenfile, resultan igualmente válidos, xa que todas as bases de datos de EBSCO teñen a mesma interface.

PROQUEST

A plataforma da base de datos Dissertations & Theses ofrece seminarios online sobre distintos recursos. Por un lado atoparedes seminarios, tanto gravados como activos, e por outro titoriais e guías.

REFWORKS

Na páxina do xestor de citas RefWorks tamén podedes atopar todo tipo de seminarios online, algúns deles en castelán.

SCIFINDER

A base de datos SciFinder ofrece unha importante cantidade de materiais autoformativos, aínda que a meirande parte son en inglés. Ademais conta cun calendario dos seminarios que ofrecen en liña, con datas e horarios detallados.
Ata o momento, teñen elaborados tres titoriais en castelán: Introducción a la búsqueda de sustancias, Introducción a la búsqueda de reacciones e Introducción a la búsqueda de referencias.

SCOPUS

A través da FECYT, que ten organizado un sistema permanente de formación tanto presencial como online, poderemos acceder a sesións formativas de todo tipo e nivel referentes ao uso de Scopus.

WEB OF SCIENCE

O aptísimo servizo de Thompson Reuters ofrece titoriais e seminarios [gravados e activos] cos que aprender a manexar os diversos recursos que compoñen o paquete de WOS: Web of Science, Journal Citation Reports, EndNote Web, Researcher ID, etc. No apartado de seminarios activos accederedes a un calendario do mes en curso; se vos interesa algún, recordade que tedes que rexistrarvos na actividade e indicar que usades o horario europeo GTM+1.
Ademais, igual que ocorre con Scopus, a FECYT organiza formación periódica tanto presencial como online sobre as ferramentas que conforman a WOS.