O acceso aberto: unha obriga, unha oportunidade. O RUC.

Neste curso, dirixido ao PDI da UDC, imos aprender un pouco máis sobre o acceso aberto, como nos afecta, para que serve, que vantaxes ten e que obrigas temos. Ademais coñeceremos o Repositorio da Universidade da Coruña [RUC] como lugar natural no que depositar os resultados da investigación e da docencia da UDC: saberemos que hai que facer para autoarquivar nel.

PDF | Presentación

 

Biblioteca + Universitaria

Un curso para presentar a biblioteca como é debido: con estilo, elegancia e sinxeleza. Vai especialmente dirixido aos estudantes de primeiro curso do Grao en Bioloxía, por unha banda, e do Grao en Química, por outra: ambos recén aterrados na UDC e, talvez e só talvez, pouco familiarizados coas posiblidades que ofrece unha biblioteca universitaria.

Grao en Bioloxía: PDF | Presentación
Grao en Química: PDF | Presentación

 

Biblioteca 1 - Mapas 0: como localizar mapas na budc e na rede

Os mapas, non hai tanto tempo, parecían seren máquinas perfectamente deseñadas para ocasionar xaquecas nos estudantes de Xeografía física. O feito de buscar e, se había sorte, localizar un mapa xeolóxico na colección era unha mestura entre suplicio e milagre. ERA.

PDF | Presentación

 

O Traballo Fin de Grao: primeiros pasos

Este curso pensouse para todos os que enfrontan por primeira vez un traballo como o de fin de grado, ou mesmo de mestrado. Nel veremos algúns trucos, algúns recursos e algunhas ferramentas para poder afrontarmos satisfactoriamente a búsqueda e xestión de información e tamén a redacción e presentación do TFG

PDF | Presentación