A autoformación continua reclama, e cada vez con máis forza, un lugar propio e destacado no panorama universitario actual. Obviamente, o Servizo de Biblioteca da UDC en xeral, e a Biblioteca da Facultade de Ciencias en particular, non son alleas a esta cuestión.

Tal é o motivo desta sección, na que ofrecemos información sobre cursos e ligazóns a materiais de interese para calquera usuario do Servizo.

  • Os cursos de creación caseira axudaránvos a coñecer e sacarlle partido á biblioteca universitaria.
  • Sempre gratuitas e online, as sesións formativas serán útiles para profundar nos recursos que ten subscritos a BUDC.
  • Seleccionamos as principais plataformas que ofrecen MOOCS, xa sabedes: massive open online course.
  • Como primeiro paso para coñecer unha ferramenta ou utilidade concreta, recomendamos as nosas guías: trípticos concisos en formato PDF.
  • Os titoriais resolven, de xeito breve e visual, algunhas das dúbidas máis frecuentes.
  • A elaboración formal dunha bibliografía é algo sinxelo, aínda que en ocasións non o parece. Demostrámolo no apartado sobre como citar con propiedade.