TFG


Coincidindo coas sesións formativas impartidas pola Biblioteca, “O Traballo de Fin de Grao: primeiros pasos", organizamos unha pequeña exposición titulada “TFG: unha axuda" na que mostramos fondos bibliográficos sobre técnicas de estudo, metodoloxía da investigación e traballos académicos que poden servir de apoio para a elaboración dos TFG ou TFM.

A exposición conta con dúas versións: unha presencial e outra virtual. A guía bibliográfica, ademais do catálogo de libros expostos, recolle un apartado de ligazóns a listaxes de libros relacionados coa temática da exposición doutras bibliotecas da UDC e un anexo cunha selección de libros non expostos sobre escritura científico-técnica.