No 2011 tocounos conmemorar o Ano Internacional da Química, que baixo o lema Chemistry: our life, our future [A química: a nosa vida, o noso futuro] buscou concienciar o público da contribución desta ciencia no benestar da humanidade.

A Biblioteca da Facultade de Ciencias da UDC, como anteriormente participara nas celebracións do Ano Darwin ou o Ano Internacional da Biodiversidade, quixo contribuír nesta ocasión organizando unha dobre mostra bibliográfica: por unha banda, fondos relacionados coa historia da química; por outra, unha selección de documentos divulgativos.

"Entre todas las ciencias ha sido la química, con el apoyo fundamental y necesario de la física, la biología y otras áreas de conocimiento, la que en mayor medida ha contribuido a ofrecer respuestas a las necesidades del ser humano."

Declaración de la Química. 2002.

"Un mundo sin química estaría desprovisto de materiales sintéticos y, por lo tanto, carecería de teléfonos, ordenadores, tejidos sintéticos y cines. Sería también un mundo carente, entre otras muchas cosas, de aspirinas, jabones, champús, dentífricos, cosméticos, píldoras anticonceptivas, colas, pinturas y papel, por lo que no habría tampoco ni periódicos ni libros."

LEHN, Jean-Marie. La química: ciencia y arte de la materia. El Correo de la UNESCO,
enero-marzo 2011, p. 7-9.

Na guía bibliográfica, espello da exposición, aínda podedes atopar a selección completa de materiais: unhas 100 monografías e múltiples recursos en rede.

Amais, no noso Flickr atoparedes unha pequena galería fotográfica con imaxes da versión presencial da exposición.

Por outra banda, nas notas do ano 2011 na nosa páxina en Facebook tendes outra das iniciativas coa que, paralelamente á exposición, quixemos conmemorar o AIQ: un pequeno percorrido polas biografías máis destacadas da historia da química.