mullermaisciencia

UNESCO elixiu o 11 de febreiro para celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Na Biblioteca da Facultade de Ciencias da UDC decidimos sumarnos, este ano, á conmemoración deste día cunha pequena exposición bibliográfica. Trátase dunha mostra de libros que reflicten a relación entre muller e ciencia, centrado nos campos que son propios á nosa facultade: Bioloxía e Química..

Amais, e buscando complementar a xornada de conferencias organizada pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC, incluimos dous anexos sobre sendas autoras das que falarán nas charlas e que están presentes na nosa colección:

  • Rosalind Franklin [Londres, 1920 - Cambridge, 1958], autora da "Fotografía 51" que resultou fundamental para determinar a estrutura do ADN.
  • Maria Sibylla Merian [Frankfurt am Main, 1647 - Amsterdam, 1717], naturalista, exploradora e ilustradora, considerada unha das nais da entomoloxía moderna.

A exposición permanecerá accesible, tanto na súa versión presencial como en liña, durante este mes de febreiro. Ademais, e como é habitual, vertébrase arredor dunha guía bibliográfica dispoñible tamén en PDF.

Outro material sobre a exposición: [CARTAZ] [GALERÍA FOTOGRÁFICA]