No 2012 a ONU celebrou o Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos co fin de afondar na toma de conciencia da relevancia que ten a enerxía para o desenvolvemento sostible, para mellorar a calidade de vida e o medio ambiente en todo o mundo.

"El Año Internacional de la Energía Sostenible para Todos ofrece una valiosa oportunidad para profundizar la toma de conciencia sobre la importancia de incrementar el acceso sostenible a la energía, la eficiencia energética y la energía renovable en el ámbito local, nacional, regional e internacional."

Naciones Unidas. 2012 Año Internacional de la Energía Sostenible para Todos [en línea].
http://www.un.org/es/events/sustainableenergyforall. [Consulta: 12 marzo 2012]

A Biblioteca da Facultade de Ciencias da UDC quixo participar nesta celebración cunha exposición bibliográfica de fondos relacionados coa antedita temática, como medio para contribuír na difusión da mensaxe desta conmemoración.

A exposición bibliográfica, como é costume, contou con dúas versións: unha presencial, na propia biblioteca, e outra virtual. Ambas retiráronse en xaneiro de 2013. Porén, seguimos mantendo en liña a guía bibliográfica, eixo vertebrador de toda a exposición, onde podedes consultar a selección completa de materiais en formato PDF, formada por cerca de 90 títulos e múltiples recursos en rede.

Amais, no noso perfil de Flickr [tamén nas páxinas de Facebook e Google+] atoparedes unha pequena galería fotográfica con imaxes da versión presencial da exposición.