A beleza dos cristais, da súa simetría e orde, non debe ocultar que a Cristalografía é a ciencia que nos axuda na comprensión material do mundo. Este é un dos motivos polos que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o ano 2014 como Ano Internacional da Cristalografía (IYCr2014).

2014 foi un ano cheo de eventos aos que a Biblioteca da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña non podía deixar de sumarse, como é habitual, cunha exposición bibliográfica. Con esta selección dos fondos da Biblioteca buscouse trasladar unha imaxe panorámica da Cristalografía tendo en conta a súa implicación na Bioloxía, na Química e na Física.

"... que os efectos da cristalografía fanse sentir en todos os aspectos da vida cotiá, a concepción de
medicamentos modernos, a nanotecnoloxía e a biotecnoloxía, e que nela se sustenta a creación

de todos os materiais novos, desde os dentífricos até os compoñentes dos avións."
Declaración do 2014 como Ano Internacional da Cristalografía.

Á lóxica selección bibliográfica que conformou o núcleo da exposición acompañouna, ademáis do habitual repertorio de recursos en liña, unha escolma de artigos científicos en cuxa autoría tiveron moito que ver algúns investigadores da UDC.

Por outra banda, como complemento á versión virtual da exposición, non puidemos esquecernos da tradicional galería fotográfica en Flickr, Facebook e Google+ con instantáneas da versión presencial. Nin, lóxicamente, da guía bibliográfica, columna vertebral da exposición.