"El agua aparece como denominador común entre los retos mundiales más importantes de nuestro tiempo, como la energía, los alimentos, la salud, la paz y la seguridad. La gestión del agua puede reducir el riesgo de desastres como la sequía o las inundaciones. Con las cuencas fluviales transfronterizas y los sistemas acuíferos representando casi la mitad de la superficie de la Tierra, la cooperación en torno al agua se revela vital para la paz."

Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO.
Discurso ofrecido ao panel de debate de alto nivel organizado
polo goberno de Finlandia durante a Conferencia de Río+20.

No ano 2013 a ONU celebrou o Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga co desexo de destacar a importancia de que os países cheguen a acordos sobre a xestión da auga que beneficien o medio ambiente e a cidadanía. A Biblioteca da Facultade de Ciencias da UDC, como vén sendo costume, quixo participar desta celebración coa organización dunha exposición de fondos bibliográficos e documentais relacionados coa auga, dende o punto de vista do desenvolvemento sostible.

A exposición, retirada en xaneiro de 2014, contou con dúas versións: unha presencial e outra virtual. As dúas quedaron vertebradas en torno á guía bibliográfica, na que ademais de recoller o catálogo de libros expostos e algúns outros que por problemas de espazo non se puideron mostrar na versión presencial, aparece unha relación de recursos en rede sobre a auga.

Como complemento a todo o anterior, unha pequena galería fotográfica en Flickr, Facebook e Google+ con imaxes da parte presencial da exposición.