Coñécenos

A Biblioteca da Facultade de Ciencias da UDC está constituída por todos os fondos bibliográficos e documentais adquiridos pola facultade e polos departamentos que imparten docencia nela.

O seu principal obxectivo é proporcionar información a toda a comunidade universitaria, axudando, orientando e colaborando na súa procura.

A súa colección está especializada nas áreas de coñecemento de química, bioloxía e medio ambiente. Reune máis de 25.000 monografías e unhas 400 publicacións periódicas, tanto impresas como electrónicas; ademais de mapas, videos, DVDs, etc.

A biblioteca é un punto de información especializado. Ademais dos nosos propios fondos, temos acceso a outros recursos de información electrónica [bases de datos, revistas electrónicas, ebooks...] accesibles a través da rede institucional da Universidade da Coruña.

Horario

Período lectivo

De luns a venres de 8.30h a 21.30h de xeito ininterrompido.

Período non lectivo

Durante o mes de xullo o horario será de 8.45h a 20.45h. En agosto, de 8.45h a 14.45h.

Persoal

  • María José Lobeiras Fernández, directora [ext. 2009]
  • Isaac Guillermo Darriba López, bibliotecario, quenda de mañá [ext. 2054]
  • Llarina González Solar, bibliotecaria, quenda de tarde [ext. 2054]
  • Mercedes Nogueira Dobao, auxiliar técnica de biblioteca, quenda de mañá [ext. 2059]
  • María Hermitas Medín Díaz, auxiliar técnica de biblioteca, quenda de tarde [ext. 2059]

Contacto

Biblioteca de Ciencias
Campus da Zapateira, s/n 15071
A Coruña

Tfno. 981 167 000 ext. 2059
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Mapa

Memorias