A Biblioteca Universitaria da UDC conta con máis de 670.000 libros e 7.600 coleccións de revistas en papel, ademáis de distintos recursos electrónicos: 19.000 revistas, 16.000 libros e unhas 60 bases de datos. Todo este material está distribuido, e accesible, dende os servizos centrais ou dende calquera das bibliotecas de centros ou intercentros situadas nos campus da Coruña ou Ferrol.

Porén, para facilitar o acceso físico a tanto material, é interesante localizalos antes vía Internet.

  • No catálogo da BUDC pódense localizar todos estes recursos.
  • No apartado Novidades atópanse os últimos recursos adquiridos pola Biblioteca da Facultade de Ciencias.
  • Bibliografía recomendada permite consultar os títulos recomendados para o curso por materia ou por profesor.
  • As revistas subscritas pola Biblioteca da Facultade de Ciencias poden consultarse no listado alfábetico de publicacións periódicas.
  • Nas recomendacións atoparedes obras, normalmente divulgativas ou curiosas, que consideramos que poden ser do voso interese.