Último

PURDUE

Purdue Online Writing Lab

Alá polo 1976 Muriel "Mickey" Harris montou un servizo na Purdue University deseñado para axudar aos estudantes a redactar correctamente os seus documentos. O sistema era de titores persoais pero comezou a xerar documentación con consellos e trucos sobre como escribir, citar e mesmo investigar. Co tempo chegou a primeira internet e estes documentos comezaron a estar dispoñibles no, daquela, punteiro servizo GOPHER, en 1993. Así naceu un dos mellores sitios de recursos para a escritura científica en inglés que atoparedes.

PurdueOWL

Ademais de ter unha estrutura de recursos con exemplos para escritura científica e docente, cartas de presentación, currículos, exercicios de gramática ou puntuación.... pon a disposición dos usuarios un correo para que se podan enviar dúbidas concretas que non foran resoltas nos contidos en liña.

Anteriores

Os recursos destacados de anos anteriores están dispoñibles en formato PDF: podédelos descargar aquí.