O servizo de acceso dende casa permite consultar a colección electrónica [revistas, libros, bases de datos...] dende ordenadores non conectados á rede da Universidade da Coruña, previa identificación en Servizos UDC.

Usuarios

As licenzas de contratación dos recursos só permiten o acceso aos membros de pleno dereito da comunidade universitaria: alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos.

Características

Para utilizar esta vía de acceso deberedes introducir as vosas credenciais de acreditación da Universidade da Coruña [usuario e contrasinal] e, polo tanto, tervos dado de alta en Servizos UDC. Deste xeito a Biblioteca Universitaria poñerá á vosa disposición, dende calquera ordenador non conectado á rede da UDC, os recursos electrónicos de información que ten subscritos.

Responsabilidades

A Biblioteca Universitaria contrata recursos de información únicamente con fins académicos, polo tanto non se permite o seu uso con fins lucrativos nin para o desenvolvemento de actividades profesionais alleas á Universidade. As licenzas de contratación destes recursos só permiten o acceso aos membros da comunidade universitaria, sendo responsabilidade destes a correcta utilización das súas claves e contrasinais de acceso. Lémbrase que hai que facer un uso respectuoso destes recursos en relación cos dereitos de propiedade intelectual, é dicir, un uso que non vulnere a súa explotación normal e non produza prexuízo nos intereses lexítimos dos titulares destes dereitos. Non se permite a reprodución íntegra dos recursos electrónicos de información, nin de partes substanciais destes e, en caso de citación de materiais extraídos destes recursos, indicaranse fonte e autoría.

Seguridade

O sistema está configurado de tal xeito que se desactiva automaticamente tras un tempo sen realizar consultas. Non obstante, pregámosvos que, cando finalicedes as vosas consultas, pechedes a sesión remota. O acceso vía autenticación aos recursos bibliográficos electrónicos non permite pasarelas a outro tipo de información á que se accede vía autenticación.

Contacto

Se tedes algunha dúbida, problema, queixa ou suxestión, podédesvos dirixir a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..