Biblioteca dixital é un termo que utilizamos para referirmos aos recursos de información en liña que, neste caso, a BUDC pón ao dispor dos seus usuarios.

Ditos recursos son moitos e moi diversos, algúns de pago e outros gratuitos, aínda que todos de libre acceso para a comunidade universitaria da UDC, inclusive dende casa.

Comezando polas numerosas bases de datos ou revistas electrónicas subscritas pola UDC, e pasando polos portais de libros-e, chegamos a eses outros recursos máis descoñecidos pero igual de útiles e mesmo destacados: dende o repositorio institucional RUC ata xestores bibliográficos como RefWorks, pasando por novidosas aplicacións como LibX ou BX Hot Articles.

Intentamos organizar todo este material do xeito máis intuitivo posible. Por isto, as bases de datos podédelas atopar organizadas alfabética ou tematicamente.